Os contidos da web están suxeitos a dereitos de autor

Neste lugar encontrarás as que no Grove chamamos As Historias das Comparsas, é dicir as letras editadas que as diferentes comparsas do entroido meco cantaron durante os pasados cen anos. Non están todas, pero si demos xuntado boa representación delas. Están presentadas por anos, e grafadas co nome da comparsa a quen se atribúe. Tamén encontrarás outros documentos arredor do carnaval do Grove.

Lobisome Producións, acudiu ao arquivo persoal de Antón Mascato, bo coñecedor do entroido do Grove, e a moitas persoas que foron achegando materiais para completar esta colección.

Se detectas algún erro, se queres engadir algunha historia, fotos, programas, carteis letanías do enterro da sardiña… podes envialas ao enderezo de correo electrónico artesadasartes@gmail.com  onde lle daremos curso para subilas a este espazo que pretendemos aberto, común e dispoñible.

AGRADECEMENTOS

A Antón Mascato, de quen parte o fondo principal deste arquivo. Tamén a Miguel Besada, Cándido Mascato,  Xan Caneda, e a todas as comparsas e comparseiros que achegaron materiais para completar este traballo.